PONTEVEDRA > O novo edificio do Museo de Pontevedra acolle ata o 11 de xaneiro unha mostra sobre José Otero Abeledo, Laxeiro, …
… un dos grandes artistas galegos do século vinte.
A mostra examina con detalle a etapa inicial do pintor lalinense, entre 1908 e 1942, de formación e preliminar á súa consolidación como artista. Unha época marcada polo constante cambio de residencia (Lalín, La Habana, Pontevedra, Santiago, Madrid e Asturias), e no que en boa medida se estrutura xa o particular universo creativo, temático e formal do autor, segundo explica Carlos Valle, comisario da mostra e director do Museo.
A exposición completarase cunhas xornadas nas que se estudará a produción do primeiro Laxeiro e tamén o traballo dos grandes pintores da súa xeración como Maside, Torres, Colmeiro e Torres. Será entre o 10 e o 12 de decembro. O presidente da Deputación destacou na inauguración da mostra o apoio dado no seu día polo organismo provincial á formación destes artistas.
Redacción Salnés