Arquivado o expeciende sancionador ao popular César Abal

Pontevedra> A Xunta de Goberno Local anunciou esta mañá que queda arquivado o expediente sanciondor que a concelleira de Ciudadanos María Rey lle realizou ao popular César Abal por, presuntamente, filtrar información persoal da súa ex parella a un medio de comunicación. Rey dixo que non vai a continuar por ningún outro medio con esta denuncia e ten claro que tampouco vai a pedir perdón ao concelleiro do PP. 

 

O expediente sancionador que a voceira de Ciudadanos presentou na Xunta de Goberno no que denunciaba ao popular César Abal por, presuntamente, filtrar información da súa ex parella a un medio de comunicación quedou arquivado esta mañá, asi o anunciou o voceiro do Goberno Local. 

A concelleira María Rey dixo esta mañá que non vai a continuar con esta denuncia por outras vías, e que o obxectivo claro deste expediente sancionador foi poñer de manifestou a política que realiza César Abal. 

A concelleira de Ciudadanos ten claro que non lle vai a pediu desculpas ao concelleiro porque sabe que foi César Abal o que filtrou a información persoal ao medio de comunicación ,pero que, efectivamente, non ten ningunha maneira de amosalo. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/07/arquivado_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/07/arquivado.mp4{/flowplayer}