Comercios de Castelao e Cruz Gallástegui ceden o protagonismo dos seus escaparates ás fotografías do ‘Namórate de ti’

PONTEVEDRA> As fotografías do programa ‘Namórate de ti’ xa se expoñen nos escaparates dos comercios das rúas Castelao e Cruz Gallástegui, no centro de Pontevedra. Trátase dunha das actividades da programación para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres. As protagonistas son mulleres vulnerables, que en varios casos foron vítimas de violencia de xénero.

Os escaparates de 16 establecementos das rúas Castelao e Cruz Gallástegui estrean protagonistas. Hoxe comezou a exposición das fotografías do programa ‘Namórate de Ti’.

Trátase dunha das actividades que programa Pontevedra co gallo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. É o resultado dos obradoiros organizados para fomentar o empoderamento feminino e a autoestima a través da fotografía.

As protagonistas son mulleres vulnerables. Moitas delas vítimas da violencia de xénero. Hoxe unha alzou a voz en nome de todas.

A actividade estivo impulsada pola concellería de igualdade e o Centro de Información á Muller, en colaboración coa fotógrafa e creativa Patricia Maquieira e a animadora sociocultural Tegra Gómez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí