A Policía Local endurecerá as súas medidas reivindicativas

Pontevedra> A Policía Local de Pontevedra volveuse a manifestarse nesta xornada reivindicando, unha vez máis, o inicio das negociacións para a súa equiparación salarial. O acto desta mañá consistiu na doazón de sangue na unidade móbil da Axencia Galega e alí advertiron que se non chegan pronto a un acordo endureceran as súas medidas. 

 

A policía Local de Pontevedra segue coas súas mobilizacións reivindicando ao Goberno Local unha equiparación salarial que lles corresponde segundo o convenio. Esta mañá como acto reivindicativo doaron sangue na unidade móbil da Axencia Galega, simularon que a eles tamén lles están chupando o sangue dende o concello e alí dixeron unha vez máis que non hai ningunha novidade en relación as súas negociacións. 

Unha xornada na que tamén anunciaron que se non se trata as súas demandas pronto dende a Policía Local endurecerán as súas medidas de protesta. 

Con este panorama na Policía Local o concelleiro de réxime interior dixo que non van a negociar baixo presión. 

Legísima dixo esta mañá que xa comezaron os traballos para a valoración de todos os postos de traballo do Concello e que será a partir de aí, unha vez rematado o proceso, dentro de cinco meses e medio, cando se estuden as reivindicacións da plantilla municipal. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/07/poli07_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/07/poli07.mp4{/flowplayer}