A deputación provincial cede nove estradas ó concello de Pontevedra

    louzan100_100608.jpgPONTEVEDRA > O Presidente da Deputación Provincial Rafael Louzán, e o alcalde de Pontevedra asinaron esta mañá un acta de cesión de viais

    … que pasan a ser a de titularidade municipal. Ámbolos mandatarios expresaron a súa satisfacción polo acordo que permitirá de agra en diante executar actuación de grande importancia para a cidade.

    14,5 kilómetros de estradas provinciais pasarán ó Concello de Pontevedra. Así o plasmaron o presidente da deputación Rafael Louzán e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores esta mañá na sinatura da acta de cesión dos viais recollidos no convenio asinado no seu día por ambas institucións.

    Os 9 viais cedidos pasan, dende hoxe, a ser responsabilidade do Concello de Pontevedra a tódolos efectos, en calidade de autorizacións, liñas de peche e mantementos. O valor patrimonial dos viais transferidos ó Concello acada os 6,5 millóns de euros, sin contar os gastos de expropiación e derivados.

    Louzán destacou a importancia da sinatura polo marxe de manobra que este convenio aportará ó goberno municipal de cara as futuras actuacións de infraestruturas

     Pola outra banda, o alcalde de Pontevedra fixo extensiva a satisfacción polo acordo e resaltou o desexo de ampliar as comunicación entre ámbalas institución coa firma de mási convenios nos que xa se está traballando.Lores tamén deixou caer no seu discurso a necesidade de entendemento por riba das diferenzas políticas

    Redacción Salnés