1,7 millóns de euros para a sinalización horizontal nas estradas provinciais

Pontevedra> A Deputación de Pontevedra realizará un investimento de 1.7 millóns de euros na sinalización horizontal das estradas provinciais. O deputado nacionalista Uxío Benítez dixo que o obxectivo destes traballos é o de garantir a visibilidade diúrna e nocturna das estradas pontevedresas. 

 

Dende a área de mobilidade da Deputación Provincial presentaron esta mañá o investimento de 1.7 millóns de euros que van a realizar co fin de mellorar a sinalización horizontal das estradas da provincia de Pontevedra. 

Un proxecto que se dividirá en 4 áreas a primeira Pontevedra, Caldas, Salnés a segunda Baixo Miño, a terceira Vigo e Morrazo e a cuarta Deza Tabeirós. A zona de Pontevedra, Caldas e Salnés contará cun investimento de máis de 500 mil euros.  Uns traballos que se aprobarán en Xunta de Goberno este venres, e acto seguido sairán a licitación e o concelleiro nacionalista da área de mobilidade agarda que se comecen estas obras no mes de marzo, todo dependerá da climatoloxía. Contarán con 3 meses de execución e serán catro empresas diferentes as que realicen estes traballos, cada unha centrada nunha zona co fin de potenciar as pequenas e medianas empresas da nosa provincia. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/09/mobilidade_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/09/mobilidade.mp4{/flowplayer}