As persoas con parálise cerebral protagonistas no Pazo Provincial

Pontevedra> O Hall do Pazo Provincial acolle dende hoxe e ata o 20 deste mes unha exposición sobre a integración das persoas con parálise cerebral. Unha mostra itinerante que ten como obxectivo dar visibilidade e protagonismo a este colectivo. 21 imaxes en branco e negro compoñen esta exposición de persoas con parálise cerebral que a Federación ASPACE achega ata o 20 deste mes ao Hall do Pazo Provincial. O obxectivo principal desta mostra é algo moi importante dar a coñecer e visibilizar as persoas con parálise cerebral. Unha mostra composta por imaxes da vida cotiá deste colectivo. Se queren coñecer máis sobre a parálise cerebral e axuda a integración das persoas que teñen a mesma non perdan esta exposición itinerante ata o 20 de xullo no Hall do Pazo Provincial.