BOIRO> Dende a formación consideran que se trata dunha reivindicación histórica. Van alá xa varios meses dende que o Parlamento Galego, por unanimidade de tódolos grupos, acordara solicitarlle ó Congreso a transferencia da autoestrada AP-9, que vertebra Galicia dende Ferrol ata Vigo. A negativa do Goberno Central a esta solicitude, atendendo supostamente a problemas de presuposto, fai que os nacionalistas volvan a poñer enriba da mesa este debate, ó entender que se trata dunha infraestrutura xa plenamente amortizada. Trátase dunha vella reivindicación dos nacionalistas que agora retoman, na que queren implicar a toda a sociedade galega, ó ser eles os que durante anos están a sufrir peaxes abusivas.
Inicio Barbanza - Muros - Noia