PONTEVEDRA> O Partido Popular de Pontevedra reclama a reapertura da avenida Raíña Vitoria. A formación ve a finalización do estado de alarma e o remate do curso o vindeiro mes como motivos suficientes para xustificar que o tráfico volva a esta vía. Aseguran que a medida está a repercutir de xeito negativo nos negocios da contorna e a provocar caos no tráfico. Os populares levarán a petición en forma de moción ao pleno do mes de xuño.
O Partido Popular de Pontevedra quere que o tráfico volva á avenida Raíña Vitoria. Hai oito meses que o goberno local decidiu peonalizala de xeito temporal. Os motivos que deron foron a pandemia e a necesidade do instituto Sánchez Cantón de contar con máis espazo para garantir as distancias de seguridade.
A medida está pendente dunha resolución do Tribunal Superior pero o PP defende que é o momento de reabrila ao tráfico. Por iso levarán a demanda ao pleno de xuño.
Segundo os populares, o corte da avenida está a provocar un importante incremento do tráfico en rúas non preparadas para asumilo.
Para Fernández, ademais, trátase dun factor que desanima á xente da contorna a visitar Pontevedra.