O BNG pide aos pontevedreses que se mobilicen este domingo coas eleccións municipais

PONTEVEDRA> O Bloque Nacionalista Galego chama á mobilización nas urnas este domingo. O BNG non da nada por feito e pide aos veciños que voten e apoien o seu proxecto se queren que Pontevedra siga avanzando.

Que Pontevedra siga avanzando ou que retroceda, esas son as únicas opcións que o BNG ve posible despois das eleccións municipais. A portavoz nacional achegouse esta mañá á cidade para pedir aos veciños que saian a votar este domingo e que non dean nada por feito.

O Bloque Nacionalista Galego quere que a cidade siga sendo unha referencia e por iso, o alcalde pide aos pontevedreses que confíen en que o mellor está por vir.

Na visita a Pontevedra, a portavoz nacional fixo tamén un repaso das propostas dos demais partidos e asegurou que non votar ao BNG suporía un retroceso importante para a cidade.

A agrupación municipal repartiu nesta xornada do cómic Lorix pola cidade. Un cómic que ía acompañado da papeleta do BNG, a única que para eles supón unha garantía para que Pontevedra siga avanzando.