Ana Rosa Quintana será unha das premiadas da Gala de Exxpopress en Ribeira

    RIBEIRA> Ana Rosa Quintana e o Padre Ángel son os galardonados cos Premios Exxpopress Honoríficos 2016. O Club de Xornalistas de Galicia celebrará a súa gala anual en Ribeira o próximo4 de febrero, e como é habitual, contará coa presenza dos homenaxeados.

     

    O grupo empresarial Jealsa Rianxeira, será o galardonado co Premio Exxpopress á Dinamización Turística , Cultural, Social e empresarial; o físico e investigador Jorge Mira, é o homenaxeado na categoría Autonómica,  e o músico boirense  José Ramón España Lorenzo na categoría comarcal. A estes tres nomes da nosa comunidade, únense este ano dous persoeiros de renome a nivel nacional. A xornalista Ana Rosa Quintana, pola súa Traxectoria Profesional, e o sacerdota Padre Ángel, fundador da ONG Mensajeros de la Paz. Desde a presidencia do Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia agardan contar coa presenza de tódolos premiados, como é habitual, na gala de entrega que se celebrará o 4 de febrero en Ribeira. Ó acto asistirán unas 200 personalidades de distintos ámbitos da sociedade e representantes de varias institucións. Os galardóns son esculturas de bronce de deseño exclusivo, obra do artista Jontxu Argibay. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/09/premiados_gala_expopress_091120161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/09/premiados_gala_expopress_09112016.mp4{/flowplayer}