O BNG leva ó Parlamento varias iniciativas en contra da macrocelulosa de Altri

BARBANZA> O BNG do Barbanza anima á cidadanía a seguir presentando alegacións en contra do  proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei. En paralelo, presentaron unha serie de iniciativas no Parlamento instando á Xunta a garantir a capacidade da potabilizadora de Padrón e calidade das augas no río Ulla.

O BNG do Barbanza está a promover a presentación de alegacións á macrocelulosa proxectada por Altri en Palas de Rei. A comarca está directamente afectada posto que o abastecemento de auga potable dos catro concellos depende principalmente da captación do río Ulla. No caso de materializarse o proxecto, limitaría a capacidade da estación de tratamento de auga potable de Padrón, pendente de ampliación.

Outro dos motivos que levan ós nacionalistas á opoñerse á creación desta planta é o risco de contaminación sobre a ría de Arousa, principal motor económico non só da bisbarra senón de toda Galicia.

Ademais das iniciativas parlamentarias, os nacionalistas están a trabalar dende os concellos e a nivel comarcal tamén dende a Mancomunidade Barbanza Arousa para amosar o seu rexeitamento a este proxecto.