Ribeira acolle este xoves a gala de entrega dos Premios PEL da Deputación da Coruña

RIBEIRA> Ribeira acollerá este xoves a gala de entrega dos premios PEL da Deputación da Coruña. 92 empresas concorren nesta edición ó certame que repartirá un total de 72 mil euros entre os galardoados.

Por primeira vez, Ribeira será sede da gala dos Premios PEL da Deputación da Coruña. O novo auditorio acollerá o acto de entrega dos galardóns este xoves a partir das sete da tarde.

Concorren nesta sexta edición un total de 94 candidaturas que optarán a cinco galardóns. Ademais de mellor iniciativa empresarial nova e consolidade distinguiranse como novidade este ano a mellor iniciativa empresarial verde e a mellor iniciativa transformadora do rural.

   Tamén se fará entrega dun recoñecemento especial ó mellor comunicador en materia de economía e empresa pola súa contribución á difusión do potencial económico de Galicia e e as súas empresas. En total, repartiranse 72 mil euros en premios.

O xurado, encabezado polo presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla, reuniuse esta mañá en sede provincial para emitir o fallo que non se dará a coñecer ata o día da gala.

O acto, aberto ó público e con entrada gratuíta, dará comezo ás sete da tarde. Estará conducido pola presentadora Marta Doviro e contará coa actuación do grupo boirense D, Crooners band.