O PP de Pontevedra non recorrerá ao orzamento municipal

PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra non recorrerá ao presuposto de 2021. O voceiro da formación, Rafa Domínguez, asegura que os orzamentos foron tramitados de maneira “irregular” pero cre que tomar accións legais repercutiría gravemente en todos os pontevedreses.

O PP de Pontevedra non recorrerá ao orzamento municipal de 2021. Así o anunciou hoxe Rafa Domínguez. O voceiro popular segue defendendo que a tramitación deste documento foi “irregular” pero cre que a paralización cautelar dos presupostos provocaría un gran prexuízo económico na cidade.

A pesar de non recorrer aos presupostos, Rafa Domínguez asegura que as contas municipais non cumpren coas normas mínimas esixidas por lei e non garantiron a participación cidadá.

Os populares aseguran que esta é unha demostración máis da nula capacidade por parte do Concello para tramitar o orzamento municipal pero cren que o máis importante neste momento é estar do lado das empresas e veciños da cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí