Pontevedra> Axentes da Policía Nacional desenvolveron unha macrooperación contra a pornografía na que detiveron a 56 homes, de idades comprendidas entre os 40 e 60 anos, entre eles un veciño de Pontevedra. A causa destas detencións é por distribuír a través de Internet imaxes e abusos de extrema gravidade e onde as vítimas son menores de moi curta idade.
Un veciño de Pontevedre foi detido pola Policía Nacional dentro dunha macrooperación contra a pornografía infantil na que detiveron a 55 homes máis de idades compredinas entre os 40 e 60 anos. A causa desta detención é por distribuír a través de Internet imaxes de abusos sexuais de extrema gravidade a menores de moi curta idade. Segundo informaron dende a Policía Nacional estes pedófilos compartían os arquivos con material pornográfico infantil a través dun dos sistemas máis utilizados para o intercambio deste contido. Os axentes incautaron máis de 173 discos duros e 614 discos compactos. Trátase dunha investigación que se prolongou durante ano e medio e se converteu nun dos operativos máis importantes contra a distribución de material pedófilo neste ano.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/pedofilo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/pedofilo.mp4{/flowplayer}