Homenaxe aos presidentes e altos cargos da Deputación Provincial que sufrion o franquismo

Pontevedra> Este sábado 12 de novembro a Deputación de Pontevedra organizará un acto a partir das doce e media da mañá co fin de reparar a memoria histórica e a todos os presidentes do Pazo Provincial e cargos públicos desta entidade que tiveron que sufrir a barbarie do franquismo. 

 

Xosé Leal presentou esta mañá un dos actos que leva organizando con máis cariño dentro da Deputación de Pontevedra. Unha cita que terá lugar este sábado 12 de novembro a partir das doce e media da mañá e onde os protagonistas serán os cinco presidentes do Pazo Provincial e dous cargos importantes desta entidade que sufriron o franquismo. 

No acto desta mañá tamén estiveron presentes familiares dos que dalgún modo están sendo homenaxeados nesta xornada. 

O fillo do que fora presidente desta deputación, de José Adrio Barreiro tamén quixo destacar o enorme valor e importancia que ten un acto destas características. 

Un acto, que se englobla dentro do ano Castelao, e ao que todo o mundo está convidado e que se dividirá en dúas partes, unha primeira terá lugar no exterior do Pazo Provincial e a segunda xa no interior no salón de plenos. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/memoria_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/memoria.mp4{/flowplayer}