Entra en vigor a ordenanza de terrazas en Vilagarcía

    VILAGARCIA> Dende este xoves e ata o vindeiro 31 de decembro, deberán solicitar a autorización de terrazas hostaleiras conforme á ordenanza actual que entra en vigor este xoves. Unha medida que afecta directamente a os hostaleiros. 

     

    Pola súa parte dende o concello piden aos hostaleiros confianza.

    Son 120 os establecementos que afectados e tanto os que tiñan autorización para colocar terraza, como os que non a tiñan deberán solicitar este novo permiso. Na circular remitida polo concello tamén se advirte aos hostaleiros que non pagaran as taxas pola ocupación da vía deberán facelo nun prazo de 15 días. De non facelo perderían o dereito a autorización para as súas terrazas.  

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/ordenanza_terrazas_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/ordenanza_terrazas_villa.mp4{/flowplayer}