Empresarios e anónimos “empurran” na labor social do comedor de Cáritas de Arousa

    VILAGARCÍA> Unhas 50 persoas acoden cada día a comer as instalacións de Cáritas Interparroquial de Arousa, e uns 16 menús diarios, se distribúen dende a “Cociña Sobre Rodas”. Unha labor nada fácil, na que axudan, panadeiros, conserveiras, supermercados e das doazóns en especie anónimas. 

     

    As portas de Cáritas Interparroquial de Arousa nas horas centrais do día, non paran de chegar doazóns de comida, que fan máis fácil o traballo dos voluntarios e traballadores desta organización. 

    Son moitos os que colaboran para facer posible que os máis desfavorecidos teñan dereito a un prato de comida.

    Mercadona ou a Panadería Rita de Tremoedo, son só algúns dos establecementos que durante a presenza da nosa cámara se achegaron ata o comedor para entregar os seus produtos. 

    Non son só as empresas colaboran, son moitos os doantes anónimos os que se achegan ata as dependencia do comedor de Cáritas en Vilagarcía para preguntar se necesitan algún produto concreto, e despois de compralo entrégano na cociña.  Xa se sabe que en tempos malos, toda axuda é pouca. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/11/donaciones_caritas_salnes_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/11/donaciones_caritas_salnes.mp4{/flowplayer}