O executivo boirense aproba en solitario a modificación do Plan Parcial de Barraña

    BOIRO> Goberno e oposición volveron ensarillarse nun cruce de acusacións na aprobación deste punto. Un punto dentro da orde do día, o da aprobación da modificación puntual do plan parcial de Barraña, foi o que suscitou maior interese na sesión celebrada onte pola noite. Os grupos da oposición coincidiron ó criticar este cambio de usos que finalmente aprobou en solitario o grupo de gobernó, ó considerar que con el pretende favorecer intereses privados. Algo que negaron rotundamente dende o grupo d egoberno. Tanto o edil de Urbanismo, Fernando García, coma o propio alcalde, Xoán Xosé Dieste, defenderon este cambio de usos. Entre cruces de acusacións por tódalas partes, a votación deste punto saíu finalmente adiante, cos votos favorables do equipo de goberno e os votos en contra dos grupos da oposición.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí