Guerra destaca a Extrugasa pola súa innovación e internacionalización

    guerra_extrugasa100.jpgVALGA> O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, visitou en Valga as instalacións da empresa Extrugasa.

    {flowplayer}images/salnes/visita_guerra_extrugasa.flv{/flowplayer}

    Guerra destacou a importancia desta compañía, que dá traballo a máis de cincocentas persoas, e por ser unha empresa líder no mundo, dentro do sector do aluminio. Segundo sinalou, arestora exporta preto do 50 por cento da súa producción a máis de 25 países.

    Precisamente por esta internacionalización e máis pola aposta de Extrugasa pola innovación, Javier Guerra, quere usar esta empresa como exemplo para o resto do tecido industrial de Galicia.

    A empresa Extrusionados de Galicia ten a súa orixe a principios dos 60 nun taller de forxa e arestora é considerada unha das compañías máis versátiles en toda Europa no sector do aluminio. Abarca sectores tan dispares como a construción, a arquitectura, a automoción, a aeronáutica, o naval e a acuicultura. E todo, sen axudas públicas, como quixo deixar claro o seu presidente Andrés Quintá.

    O Conselleiro recoñeceu este esforzo ó tempo que lembrou que a Xunta ten abertas varias liñas de axudas para os emprendedores, sobre todo de cara a internacionalización da empresa.

    Guerra tamén tivo oportunidade de coñecer as últimas novidades da empresa no eido innovador.

    Redacción Salnés