Lazos verdes contra o derrube da Praza da Verdura

    VILAGARCIA> Nova protesta dun colectivo en Vilagarcía. Desta volta son as vendedoras da Praza da Verdura as que locen unha fita verde para que reivindicar que non lles tiren o recinto no que traballan. As declaracións do Alcalde Tomás Fole fai uns días dicindo que o derrube deste espazo facilitaría a creación de máis prazas de aparcadoiro para a Praza de Abastos prendeu tódalas alarmas.

    Xusto estes días que ían a presentar a súa completa imaxe de marca, con etiquetaxe, packaging e uniformes verdes cos que lucir mellor nos seus postos, e adaptarse á normativa autonómica vixente que lles impón cumprir normas de trazabilidade augóuselles a festa. Estas vendedoras de productos frescos da horta reclaman este lugar de traballo como imprescindible para a súa labor. Polo tanto, piden unha e outra vez ó Alcalde que recapacite. As afectadas xa pediron unha reunión co rexedor vilagarcián para falar do asunto sen que se ate o de agora lles fose concedida.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/21/fita_Verde_1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/21/campana_lazos_verdes.mp4{/flowplayer}