A alpinista Chus Lago, do Lago Baikal a Ribadumia

RIBADUMIA> A alpinistas Chus Lago visitou o Auditorio de Ribadumia para dar unha conferencia aos alumnos de secundaria do Julia Becerra. A charla estivo enfocada á loita contra o cambio climático e a súa última expedición ao Lago Baikal. O acto estivo organizado polos alumnos de 1º da E.S.O que levan seguindo á montañeira dende xaneiro.

O que comezou como un traballo de clase rematou levando á alpinista Chus Lago a Ribadumia. O alumnado de 1º da ESO do Julia Becerra, nunha das actividades do curso, descubriu a historia desta montañeira e seguiu dende entón a súa última expedición no Lago Baikal. Os mozos seguiron traballando ata que conseguiron organizar a visita da excursionista.

Ademais de seguir o percorrido de Chus Lago e as súas compañeiras, Verónica Romero e Rocío García, tamén realizaron diferentes traballos sobre o Lago Baikal e a loita contra o cambio climático. A gran investigación que fixeron foi o que levou á alpinista a visitar Ribadumia.

A montañeira compartiu cos rapaces a súa última experiencia. O obxectivo era concienciar aos máis mozos da loita contra o cambio climático e a importancia de loitar polos seus sonos.

O alumnado do Julia Becerra asegura que non van a rematar aquí e seguirán traballando para chegar a outros colexios e concienciar á xente sobre o quentamento global.