Os Palleiros inician a súa particular desescalada retomando as adopcións

PONTEVEDRA>  Coa Fase 1 da desescalada, Os Palleiros retoma a adopción de cans. Iso si, as visitas ás instalacións de Campañó terán que ser con cita previa. A protectora fai un chamamento ás familias, ante a situación de saturación que vive a canceira. A súa saturación, unido á supresión dos paseos ó aire libre por mor do coronavirus, está a provocar un incremento das pelexas entre os animais.

A canceira de Pontevedra volve estar, de novo, ó límite da súa capacidade.  A crise sanitaria levou ós Palleiros, o colectivo que xestiona estas instalacións a paraliza-las adopcións. Iso si, o que non se detén é o número de ingresos de animais,  que seguen chegando a Campañó.

Á saturación das instalación hai que sumar agora a supresión dos paseos ó aire libre. Iso tradúcese nun aumento das pelexas dentro do recinto, polo estrés que están a sufri-los animais.

Para tentar aliviar un chisco a saturación da canceira, Os Palleiros está a aplica-la súa propia desescalada, coincidinco co arranque da Fase 1. O colectivo volve permiti-las adopcións, na procura de familias responsables que lle dean unha oportunidade tanto ós adultos como os cachorros. Iso si, a protectora mantén un protocolo, para seguridade dos seus traballadores. O resto da actividade dos Palleiros , polo de agora, mantense en corentena.

Nestes momentos o número de cans que residen na canceira rolda os 170. Deles, case 30 son cachorros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí