O PP empraza ao alcalde de Pontevedra a atopar alternativas laborais para os traballadores de ENCE

PONTEVEDRA> O Partido Popular de Pontevedra volve sinalar ao alcalde da cidade como o responsable do peche de ENCE. Hoxe o seu voceiro saíu ao paso das acusacións de Miguel Anxo Fernández Lores, que asegurou que a formación está detrás do boicot do pregón das Festas da Peregrina o pasado sábado. Rafael Domínguez insistiu en que critica calquera tipo de violencia, e emprazou a Fernández Lores a reunirse cos traballadores da pasteira.

O Partido Popular de Pontevedra volve desmarcarse do boicot ao pregón das Festas da Peregrina e dos actos violentos que protagonizaron o sábado un grupo de traballadores de ENCE.

Insiste en condenar a violencia e tamén insiste ao sinalar ao alcalde de Pontevedra como o responsable da situación que viven os traballadores da pasteira. Rafa Domíguez reclamou a Fernández Lores que lles busque alternativas laborais e demandoulle que se reúna con eles.

Domínguez tamén se pronunciou sobre as críticas do alcalde a varios concelleiros do grupo municipal do Partido Popular que despois dos incidentes violentos do sábado puxeron os chalecos amarelos que levaban os traballadores.

Para Rafa Domínguez, a única posibilidade de evitar o peche de ENCE en Pontevedra é mantela en Lourizán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí