A centola desembarca nas prazas cun custe que oscila entre os 20 e os 30 euros

    CAMBADOS> Entre 20 e 30 euros. Ese é o prezo no que oscilaba o quilo de centola na Praza de Abastos de Cambados, este mércores. Un custe elevado, polo que algúns xa comezaron a mercar para conxelar de cara ao Nadal.

     

    Na mañá deste mércores as cámaras do Canal Rías Baixas desprazáronse ata a Praza de Abastos de Cambados. Unha vez alí unha protagonista indiscutible; a centola. 

    Entre 20 e 30 euros anda o custe deste prezado marisco, que nas vindeiras datas será o protagonista en moitas mesas, polo que moitos xa comezaron a mercala, aínda que non para o Nadal, senón para matalo antollo. 

    O vento ou adianto na campaña deste marisco parece que non favorecen moito as capturas, segundo afirman as praceiras. 

    A pesar do custe e da escaseza as peixeiras recomendan esperar un pouco para facerse co prezado marisco de cara ao Nadal, xa que segundo afirman polo de agora aínda non sal a conta, por iso recomendan a lo menos esperar a semana que ven, para ver se hai un maior número de capturas o que reduciría o prezo. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/16/repor_prazas_centolas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/16/repor_prazas_centolas.mp4{/flowplayer}