En Marea denuncia ó goberno local de Valga

VALGA> En Marea denuncia unha presunta trama de corrupción no Concello de Valga. Sinalan que algunhas prácticas desenvolvidas polo consistorio son contrarias á legalidade e reclaman unha  investigación que depure responsabilidades.

Dende hai un ano, En Marea vén denunciando irregularidades no Concello de Valga. A organización asegura que ten probas suficientes e xa denunciou na Fiscalía provincial de Pontevedra ó goberno local de José María Bello. Entre estas prácticas, atópase a suposta contratación irregular de dous empregados.

Segundo En Marea, un destes empregados está asociado a unha empresa que tamén contratou o Concello, co cal se crea un vínculo directo entre compañía e o goberno local.

O último dos motivos da denuncia, vén dado polo traballo de axuda ó concello que está a desenvolver unha persoa xubilada nun posto que, aseguran, non lle corresponde.

Segundo Elena Cores, o alcalde recoñece que esta persoa xubilada é alguén coñecido que lles axuda. Agarda que a Fiscalía recoñeza a trama de corrupción e actúe en consecuencia.