A Deputación de Pontevedra cualifica como moi positivo o seu paso por Fitur

Pontevedra> A deputación de Pontevedra fai un balance moi positivo do seu paso por Fitur. A presidenta Carmela Silva destaca a gran acollida das súas presentacións e a repercusión acadada polos seus vídeos. Para este 2023 anuncia que a camapña A Orixe estenderase ás redes sociais e a algúns espazos moi concorridos como o Metro de Madrid.

A deputación de Pontevedra tivo unha gran actividade na edición de Fitur celebrada a pasada semana. Ademais de presentar a súa campaña A Orixe, a administración provincial estivo presente noutras presentacións de Tour España, de Fitur Screem, de Fitur Sport e mantivo numerosas reunións con empresas e outras administracións. Dende a Deputación valoran o seu paso por Ifema como moi positivo.

A presentación en Fitur Screem de Pontevedra foi a máis visitada dentro de ese espazo e a de Fitur Sport recibiu un premio como exemplo de boas prácticas. En canto aos encontros, a deputación reuniuse coa ministra Reyes Maroto, para formar parte dos plan de sustentabilidade, e co presidente de Paradores de España, para aumentar o seu investimento nos paradores da provincia. Á marxe dos actos e encontros, os vídeos presentados tamén tiveron moita repercusión.

Tralo balance de Fitur, a presidenta tamén anunciou as actividades de promoción que porán en marcha neste 2023. Ampliando a campaña A Orixe ás redes sociais e a outros espazos moi concorridos como o Metro de Madrid.

Á marxe da campaña, a deputación tamén anunciou no acto que lanzará unha nova liña de axudas cun orzamento de máis de 300 mil euros para potenciar as redes de oficinas de Turismo Rías Baixas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí