Pontevedra> A cúpula maior do PP deuse cita en Cerdedo-Cotobade para a apertura oficial do seu curso político a nivel nacional. Unha cita onde estivo moi presente o terrorismo yihasita, tralos atentados de Cataluña, o presidente da Xunta e do Goberno español solidarizáronse, nas súas intervencións, co pobo catalán. O concello de Cerdedo e Cotobade foi o lugar elixido polo Partido Popular para iniciar o curso político. Unha cita onde estivo a plana maior do partido e como non o Presidente do mesmo e do Goberno español. Unha cita que tivo moi presente a dor que nestes días se vive en Cataluña por mor do terrorismo yihadista. Dende o punto de vista político Mariano Rajoy deixou claro que Galicia está vivindo unha das súas mellores épocas en todos os sentidos. Un inicio do curso político onde Alberto Núñez Feijóo plasmou cales deben ser os retos que teñen por diante. Ao acto acudiron cargos do partido a nivel autonómico e central, dende o Ministro de Xustiza Rafael Catalá, á presidenta do Congreso, Ana Pastor, a senadora Pilar Rojo, os catros secretarios provinciais do PP, e numerosos conselleiros, alcalde e concelleiros chegados de toda Galicia.
Inicio PONTEVEDRA