Prohibido circular a máis de 10km/h no centro histórico de Pontevedra

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra limitará, a partires desta mesma noite, á velocidade de todos os vehículos que circulen polo centro histórico a 10 quilómetros hora.O goberno municipal colocará en total 13 sinais en todas as entradas da cidade. Unha medida pioneira que podería estenderse, nun futuro, a máis rúas de plataforma única.

Esta é a sinalización que o Concello de Pontevedra comezará a colocar, esta mesma noite, no centro histórico. Unha limitación de 10km/h que afectará a todo tipo de vehículo.

En total, o goberno municipal colocará 13 sinais en todo o centro histórico e nas rúas do ensanche. Esta medida afectará tamén ás zonas que forman parte do Camiño Portugués: o Gorgullón e Virxe do Camiño; aínda que o Concello non descarta estender esta iniciativa á outras áreas da cidade.

Unha medida pioneira e vangardista coa que se pretende que Pontevedra siga a ser un referente internacional en seguridade vial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí