As novas xeración do PP piden máis control para evitar menores no Botellódromo

Pontevedra> As novas xeracións do PP demandan ao concello  Pontevedra máis medidas de control no acceso de menores ao botellódromo da cidade. Piden que se modifique a Ordenanza municipal, maior presenza policial, retomar as campañas de concienciación e delimitar o espazo no que poder consumir alcohol en celebracións como as de Peñas. 

 

Debido aos acontecementos e novas dos últimos de días de menores vencellados co consumo abusivo de bebidas alcohólicas , dende as novas xeración do Partido Popular en Pontevedra  demandaron esta mañá máis presenza policial na zona do Recinto Feiral onde está permitido realizar o botellón. O que piden é maior presenza policial para evitar que os menores consuman alcohol. 

Ademais, dende as novas xeracións do PP, tamén solitican que se modifique a Ordenanza municipal, xa que a actual non contempla os supostos ante o consumo de bebidas alcohólicas por parte de menores, tamén piden que se retomen as campañas de concienciación e que se delimite o espazo onde consumir alcohol en celebracións como as Peñas. 

Dende as Novas Xeracións tamén piden a instalación de urinarios públicos portátiles e un maior número de colectores nos que depositar o lixo. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/17/botellon_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/17/botellon.mp4{/flowplayer}