Arousa Norte amplía a súa oferta turística con tres rutas náuticas

    presentacionrutasturisticas_100_160807.jpgBARBANZA > A ruta do percebe, a das artes de pesca e a das illas son os tres itinerarios marítimos guiados que propón a empresa Caminando por el mar.

    Co respaldo deste tipo de iniciativas, a Mancomunidade Arousa Norte pretende potenciar outras formas de turismo alternativo na comarca, únicas polo de agora en Galicia e así acadar un maior número de visitantes.

    Pola súa banda, o presidente de AETAN, Román Castaño, agarda que coa saída á luz deste tipo de iniciativas se fomente máis a unión das empresas hostaleiras da zona.

    Na presentación das novas rutas marítimas tamén estivo presente o presidente da Mancomunidade Arousa Norte e alcalde de Boiro, Xosé Deira, que gabou, sobre todo, o esforzo feito por José Manuel Falcón, xerente de ‘Caminando por el Mar’,  para que este proxecto saíse adiante.

    A iniciativa deste empresario tamén conta co apoio da Deputación da Coruña, que estivo representada por Rosana Pérez, Delegada de Turismo para as comarcas de Barbanza e Muros-Noia.

    Estas tres rutas veñen a ampliar significativamente o amplo abano de actividades turísticas que ofrece a comarca do Barbanza, ofrecendo a veciños e visitantes a posibilidade de coñecer o traballo de mariscadores e mariñeiros dentro da ría de Arousa e xa fóra dela, o parque natural das illas atlánticas.

    Redacción Barbanza