PONTEVEDRA> O Gastroespazo do Mercado de Pontevedra mergullouse este mediodía na gastronomía vasca. O alumnado da Escola de Hostalería de Leioa cociñou para un grupo de comensais pontevedreses, no marco dunha actividade organizada da man do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza. Un menú a base de pintxos no que tamén estivo representado o produto galego.
O Gastroespazo do Mercado de abastos de Pontevedra mudou hoxe de sabores. Fíxoo da man dun grupo de alumnos da Escola de Hostalería de Leioa, que chegaron á cidade e ao gastroespazo, da man do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza.
Kokotxas rebozadas á bilbaína, marmitako ou albóndegas de lumagorri trufadas foron algunhas das receitas do menú que serviron a un grupo limitado de comensais. Pratos en formato pintxo, elaborados en parte con produtos da propia praza.
Unha experiencia sen dúbida enriquecedora para o alumnado pero tamén para a propia cidade.
A delegación vasca regresa mañá a casa. Pero aproveitou o seu paso por Galicia para realizar diferentes actividades, como por exemplo coñecer de primeira man a hostalería galega.











