Pontevedra> O tráfico ferroviario estivo pechado entre Pontevedra e Portela durante preto dunha hora e media debido a un atropelo que se produciu nas inmediacións da estación da cidade do Lérez. Un suceso que tivo lugar nos túneles de A Parda hoxe ao mediodía.
O mediodía desta xornada quedaba pechado ao tráfico ferroviario o tramo entre Pontevedra e Portela debido a un tráxico accidente, un atropelo, que tivo lugar nos túneles de A Parda. Segundo confirmou ADIF este tramo quedou sen circulación dende as doce da mañá ata a unha e media do mediodía. A Policía Local confirmou que a vítima era un veciño de 40 anos da cidade do Lérez. Ata o lugar dos feitos trasladáronse efectivos da Policía Local, a Policía Nacional e Bombeiros de Pontevedra, así como unha ambulancia do 061.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/17/atropelo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/17/atropelo.mp4{/flowplayer}