Cáritas Noia levará a comida de Nadal a máis de 120 familias

     

    Normal 0 21 false false false ES-TRAD X-NONE X-NONE

    NOIA> Cáritas Noita fará chegar alimentos durante este Nadal a máis de 120 familias en situación de exclusión social do municipio. Desde a institución apelan á solidariedade dos veciños para que todas as persoas do concello poidan celebrar estas datas como se merece.

     

     

     A solidariedade é algo do que os máis necesitados precisan durante todo o ano, aínda que coa proximidade do Nadal que florece de xeito especial. Por iso, esta mañá durante a presentación da Campaña de Nadal de Cáritas Noia, o párroco quixo agradecer a tódolos voluntarios que ó longo dos 365 días do ano colaboran no benestar daqueles veciños con máis necesidades.O Director de Cáritas Noia explicou que a campaña de Nadal deste ano está dirixida a 120 familias do municipio en situación de exclusión, entre os que hai uns 100 nenos e nenas.Juan Carlos Pérez agradeceu a labor fundamental que nesta campaña teñen os voluntarios, pero tamén as empresas que donan os alimentos.Desde Cáritas quixeron destacar que a campaña a nivel nacional pretende tamén enviar unha mensaxe que aposta polo sostemento do planeta para axudar a loitar contra a pobreza.Durante a presentación tamén fixeron público o número da Lotaría de Nadal que xoga este ano a entidade, e que se pode adquirir en máis de setenta puntos de venda. Uns 30 voluntarios xa están a traballar na campaña de deste ano que culminará entre o 22 e o 23 de decembro co reparto dos alimentos ás familias necesitadas, porque todos merecemos un feliz nadal.