Cambados facilita o despegue aos emprendedores

    CAMBADOS> O viveiro de empresas de Cambados xa está a pleno rendemento. Polo de agora, tres emprendedores ocupan parte das instalacións do antigo centro loxístico do polígono de Sete Pías. Unha oportunidade para os negocios que comezan, que contan cunhas instalacións completas por só 40 euros ao mes de aluguer.

     

    Internet, auga, luz e un espazo para comezar o teu propio negocio por menos de 40 euros ao mes. Esta é a oportunidade que ofrece o viveiro de empresas de Cambados.

    Nuria Caballero é unha das ocupantes do viveiro. Despois de 22 anos traballando como osteópata e quiromasaxista por conta allea, hai dous meses que apostou pola independencia laboral.

    Luis Pousada é outro dos ocupantes do viveiro cambadés. Nun despacho da primeira planta instalou a súa consultoría fiscal e contable.

    Para estes dous profesionais, a iniciativa do concello de Cambados permitiulles dar un cambio radical ás súas vidas. Ningún se arrepinte, e incluso teñen plans para facer medrar os seus negocios.

    Nuria e Luis poderán estar neste viveiro durante dous anos. Para conseguir un espazo tiveron que presentar un estudo de viabilidade e non sumar máis de 48 meses no réxime de autónomos. Dende o concello agardan que pronto se cubra o local que aínda queda baleiro.

    O viveiro conta tamén cun coworking con catro prazas, que dan ao emprendedor mesa e ordenador con conexión a internet por 30 euros ao mes. Unha aposta coa que o concello quere encher de vida un edificio ata o de agora sen uso, e facer menos costa arriba a aventura de pór en marcha un negocio propio.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/21/repor_viveiro_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/21/repor_viveiro_cambados.mp4{/flowplayer}