Rescatados 3 mariñeiros de Ribeira tras o naufraxio do seu barco

    RIBEIRA> Rescatados tres mariñeiros de Ribeira esta madrugada fronte ás costas da Illa de Sálvora, tras ó emborcar o pesqueiro no que faenaban. Os tres homes foron trasladados ó Hospital do Barbanza con síntomas de hipotermia. Agardábase que foran dados de alta ó longo do día.

    Eran as seis e media desta madrugada, cando os tres tripulantes da embarcación, que se dedica á pesca do polbo, tiveron que ser rescatados frontes ás costas de Ribeira. Os 3 mariñeiros navegaban a bordo dun pesqueiro, o Vilar Dous, con base aquí neste porto de Ribeira, cando foron sorprendidos por un golpe de mar que fixo emborcar a nave. Foi á altura da Illa de Sálvora.Tras dar a voz de alarma os mariñeiros foron rescatados por unha embarcación próxima, “A Capi” que os trasladou ó peirao de Aguiño, onde agardaba unha dotación de Urxencias Médicas do 061. O armador do Vilar Dous, con quen nos puxemos en contacto, estivo acompañando ós mariñeiros no Hospital do Barbanza, e asegurounos que os tres atópanse en perfecto estado.Desde Salvamento Marítimo enviaron a lancha Salvamar Régulus, que non logrou atopar ningún rastro da embarcación afundida.