A Deputación da Coruña presenta o novo POS+2017

    BARBANZA> Estará dotado con 74 millóns de euros e será o de maior investimento contemplado para un plan na historia da institución provincial. Axudar a sanear as economías municipais, favorecer o mantemento do emprego local ou reforzar a autonomía municipal son algún dos obxectivos do novo plan de apoio ós concellos que vén de presentan a Deputación da Coruña. É o denominado POS+2017. Estará dotado con 74 millóns de euros, o maior orzamento contemplado nun plan provincial na historia desta institución, e del poderán beneficiarse os 93 concellos da provincia da Coruña. Segundo destacou o propio presidente provincial, Valentín González Formoso, una das principais finalidades deste plan son“axudar a sanear as economías municipai, ó memo tempo que favorecer a creación e mantemento do emprego a nivel local, afondando de paso na liña de reparto obxectivo dos fondos e de simplificación na tramitación. Así contémplase que en lugar de tramitar tres plans coma ata o de agora, o POS, o PAS e o PAI e unas once liñas de subvencións diferentes, se unifique todo nunha única convocatoria anual, o que permitirá ós concellos poder planificar mellor os seus orzamentos e programar os investimentos en función das súas necesidades. Dende o organismo provincial apuntan a que os fondos distribuiranse de forma obxectiva entre tódolos concellos, empregando os propios criterios do POS, que se basean en cuestións como a poboación, a superficie ou o esforzo fiscal de cada municipio. O saneamento das economías municipais será ademais unha liña fundamental na filosofía deste novo plan, xa que o POS+ 2017 contempla dedicar ata o 75% dos fondos asignados para pagar de forma prioritaria aquelas débedas con provedores que teñan unha antigüidade superior ós tres meses.