Veciños afectados do edificio ‘Isla Esmeralda’ concéntranse en Noia

NOIA> Os veciños do edificio Isla Esmeralda en Noia concentráronse no centro da vila para loitar, aseguran, por unha vivenda digna. Denuncian que as súas vivendas teñen defectos de construción e piden axuda.

Este era o momento no que se viña abaixo a fachada do edifico Isla Esmeralda en Noia, ocorría fai un mes. Desesperados, os veciños do inmoble concentráronse no centro da vila para loitar, din, por unha vivenda digna.

En 2016 gañaron o primeiro xuízo contra a promotora do inmoble e no 2017 a Audiencia Provincial volveu a dárllela razón. Case tres anos despois, as solucións non chegan. Aseguran, dende que chegaron ó edificio, viven entre humidades e filtracións de auga.

En total, son 50 vivendas afectadas, 30 da cales de protección oficial. Aseguran, xuntos van a seguir loitando polo seu caso, en definitiva, polo seus fogares.