Ulises Bértolo presenta Orthodoxia en Pontevedra

Pontevedra> O escritor Ulises Bértolo estivo en Pontevedra presentando a súa segunda novela Orthodoxia.  Un thriller centrado no camiño de Santiago que , segundo o autor da novela, enganchará ao lector dende o primeiro momento. 

 

O avogado e escritor Ulises Bértolo volve a Pontevedra para presentarnos a súa última novela, Orthodoxia. Un thriller onde o camiño de Santiago estará moi presente e que tivo a oportunidade de dar a coñecer na cidade do Lérez. 

Unha novela apta para todos os públicos aos que lles guste engancharse cun bo libro. 

Se están interesados neste Orthodoxia deben saber que xa está a venda en todas as librarías e ollo, porque Ulises Bértolo xa están maquinando a súa vindeira novela que terá relación cunha das personaxes secundarias do seu último traballo. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/18/ulises_bertolo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/18/ulises_bertolo.mp4{/flowplayer}