Vilagarcía, berce arousá do Jiu-Jitsu Brasileiro

VILAGARCÍA> Vilagarcía será o escenario esta fin de semana dun importante evento de Jiu-Jitsu Brasileiro a nivel galego. Un seminario o sábado e o campionato de Galicia o domingo, completarán dous días dedicados a este deporte, nos que máis de 60 deportistas pasarán pola capital arousá. Pero que é o Jiu-Jitsu? Asistimos a un dos adestramentos do equipo Nucleo de Luttas.

 

Arte marcial, deporte de combate e sistema de defensa persoal. Así se define o Jiu-Jitsu, unha disciplina que gaña máis adeptos en Vilagarcía. O responsable é o equipo arousán Nucleo de Luttas, que practica a modalidade brasileira.

João Paulo Camugeré leva 7 anos en Vilagarcía, e é o Mestre responsable do auxe desta arte marcial, para a que non existe idade.

Moitas veces non é doado para estes deportes competir con outros como o fútbol e o baloncesto, pero en Vilagarcía conseguiron facerse o seu propio oco. 45 persoas forman o equipo Nucleo de Luttas. Maiores e pequenos que ven como no Jiu-Jitsu a mente vence á forza.

Esta fin de semana Vilagarcía volverá acoller un importante evento desta arte marcial. O sábado celebrarase un seminario impartido polo Mestre brasileiro Marcio de La Motta. O domingo, o ximnasio arousán será o escenario da final da Liga Galega de Brasilian Jiu-Jitsu.

Ao redor de 70 deportistas participarán nesta cita. Un dato que dá unha idea do pulo que esta disciplina está a gañar en Galicia. Unha experiencia única que non entende de idades.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/18/jiu_jitsu_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/18/jiu_jitsu_villa.mp4{/flowplayer}