Un paso máis na loita contra a impunidade

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra fai un chamamento a todas as familias de vítimas do franquismo para que loiten contra a impunidade. A institución provincial levará a cabo, esta fin de semana, unhas xornadas da Memoria Histórica para informar sobre a situación xurídica actual da querela arxentina. Un acto no que participarán familiares de Alexandre Bóveda e do ex presidente da Deputación, Amancio Caamaño.

A Deputación de Pontevedra da un paso adiante para recuperar a memoria das vítimas do franquismo e loitar así contra a impunidade. E o fai celebrando unhas Xornadas da Memoria Histórica que se levarán a cabo este venres e sábado no Pazo Provincial.

As Xornadas da Memoria Histórica comezarán cun encontro técnico do mundo da avogacía. Nel, intercambiaranse experiencias e iniciativas legais para facilitar a presentación de querelas neste eido.

A xornada do sábado estará dirixida as familias das vítimas do franquismo. Neste acto, os familiares de Alexandre Bóveda e do ex presidente da Deputación de Pontevedra, Amancio Caamaño, asinarán a querela arxentina. A denuncia interposta polos delitos de xenocidio cometidos en España pola ditadura franquista entre o 17 de xullo de 1936 e o 15 de xuño de 1977.

O acto contará tamén coa presenza de Miguel Ángel Gómez e Chato Galante. Dous querelantes contra Billy El Niño. As xornadas rematarán coa proxección do documental “El silencio de otros”.