Novo traspé para os mariscadores noieses

    NOIA> Esta mañá tiveron que regresar a terra sen poder traballar debido novamente á aparición da toxina. Os mariscadores de a flote da ría noiesa non puideron traballar esta mañá debido a aparición da marea vermella na Ría. Os últimos análises realizados polo pósito confirmaron a nova da presenza datóxina que afecta á totalidade dos bancos marisqueiros noieses. A nova deixou fríos ós mariscadores noieses que ven novamente paralizada a súa actividade, nunha campaña xa de por si mala debido á baixa do prezo do marisco en lonxa. Polo de agora descoñécese o tempo que tardará en irse, e as previsións non son demasiado boas, xa que os niveis da toxina lipofílica son aínda altos. Hoxe realizáronse novas análises que lle foron remitidas ó Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño. De resultar negativa, conlevaría a realización dunha segunda proba a mediados de semana, que sería xa definitiva para a volta da actividade.