O BNG da Pobra reclama melloras na seguridade viaria das rotondas

    POBRA> Entre outras medidas os nacionalistas piden o reforzo da sinalización co fin de evitar accidentes. De cara a mellorar a seguridade viaria nas diferentes rotondas existentes na localidade, o BNG da Pobra levará ó vindeiro pleno unha moción reclamando, entre outras medidas, o reforzo da sinalización tanto horizontal coma vertical ou a instalación de paneis de dirección. Dende a formación nacionalista ponse como exemplo os problemas circulatorios que se están a producir nas rotondas da Covecha ou na que dá acceso ó porto deportivo, que nas horas de maior tráfico, presentan atrancos no fluxo de vehículos, aumentando o risco de accidentes. Ademais da mellora da sinalización, dende o BNG pídese tamén que na medida do posible se acometa un adecentamento destas rotondas, como tamén das existentes nos accesos á autovía.