Ribeira homenaxeará ás mulleres represaliadas do Franquismo

    RIBEIRA> Ribeira homenaxeará ás mulleres represalia das durante o Franquismo no Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. O próximo día 25 haberá tamén música, poesía e documentación histórica para lembrar ás case 50 mulleres asasinadas en España por violencia machista no que vai de ano. 

     

    Concienciar á sociedade da necesidade que existe de erradicar esta eiva e visibilizar unha realidade cada día máis atroz, é o que buscan varias asociacións da comarca do Barbanza para lembrar ásvítimas da violencia machista o próximo día 25. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, Mulleres en Acción. Altofalante e Asamblea Feminista do Barbanza renden homenaxe este ano ás mulleres do Franquismo e a Transición, que sufriron aldraxe e represión, nunha época na que a Muller estaba totalmente silenciada. A violencia machista ten no asesinato a súa culminación. A cifra extraoficial de mulleres asasinadas no país no que vai de ano son xa 48. Todas elas serán sembradas nos actos na Rúa de Galicia, en Ribeira, previos áhomenaxe que terá lugar no Centro Lustres Rivas. Os actos deste xoves, Día da Eliminación da Violencia contra a Muller, e nos que se lembrará a memoria das mulleres do Barbanza represaliadas durante a dictadura, comezarán en Ribeira ás sete e media da tarde.