POBRA> Moitas incógnitas e poucas certezas, é o balance que se fai sobre o caso da madrileña Diana Que, ó cumprirse esta madrugada tres meses da súa desaparición na Pobra. Fontes oficiais confirman que nestes momentos aínda non se teñen datos exactos sobre o teléfono móbil da moza, atopado hai case un mes en Taragoña.
Con quen subiu Diana a un coche a noite da súa desaparición? Fíxoo voluntariamente ou forzada? A onde se dirixían? Quen tirou o seu teléfono móbil ó mar na zona de Taragoña? Onde está Diana Quer? Son só algunhas das incógnitas que continúan abertas 3 meses despois da súa desaparición. Esta noite cumpríronse 3 meses desde que Diana Quer saiu desta casa, onde veraneaba coa súa nai e a súa irmá pequena, para desfrutar da Festa do Carme dos Pincheiros, da Pobra. Foi vista por última vez arredor das dúas e media da madrugada cando, supostamente, volvía a á súa casa. Esa é unha das poucas certezas que se teñen do caso. Que sobre as 2 e media da madrugada desde 22 de agosto, despídese dos seus amigos no Parque de Valle-Inclán, e dílles que marcha para a casa. Que pouco despois ven á moza á altura desta pizzería, a un quilómetro da súa casa. Que o rastrexo do seu teléfono móbil, atopado o pasado 27 de outubro baixo a ponte da Autovía do Barbanza, que une Boiro e Rianxo, demostra que a súa aplicación de whatsapp estivo activa ata as 3 da madrugada. Que a esa hora emite o seu último sinal, recollido por un repetidor de Taragoña, a 20 quilómetros da Pobra. A partir de aquí, o resto, son hipóteses, indicios ou elucubracións. Non se sabe con certeza se Diana subiu a un vehículo, forzada ou voluntariamente. Se o teléfono móbil foi lanzado deste a ponte da autovía ó mar nun coche en marcha, aínda que podería ser unha hipótese plausible, tampouco se ten a certeza. Varias testemuñas ubican a unha rapaza similar a Diana no peirao de Taragoña esa noite acompañada de tres homes, son indicios cos que os investigadores traballan, pero tampouco está confirmado que fora ela. Ó igual que o feito de que a moza se comunicase por whatsapp máis alá das tres menos cuarto da madrugada, cando un amigo recibe unha mensaxe dela advertindo que home a estaba chamando. Segundo apuntou onte o delegado do goberno, a análise do teléfono de Diana aínda non rematou. Tralo proceso de desalinización, Villanueva afirma que os investigadores non teñen aínda datos exactos sobre o dispositivo. E asegurou tamén, que a día de hoxe, tódalas hipóteses continúan abertas. Xusto tres meses despois de que a nai da moza, que continúa afirmando que a súa filla segue viva, presentase a denuncia da súa desaparición, a fotografía de Diana Quer continúa empapelando as rúas da Pobra.