Louzán apoia a proposta de Telmo Martín para construír un novo complexo hospitalario noutro lugar

    montecelo100_140807.jpgPONTEVEDRA > O presidente da Deputación de Pontevedra manifestou hoxe o seu respaldo á proposta de Telmo Martín para construír un novo complexo hospitalario

    … nun emprazamento mellor comunicado. Ambos consideran un despilfarro derrubar parte do construído na última fase e cualifican de parche o proxecto de ampliación da Consellería de Sanidade.

    telmo_louzan200_140807.jpgO portavoz do PP de Pontevedra, Telmo Martín, insiste na súa proposta de construír un novo complexo hospitalario en Pontevedra. Pero agora conta co aval do presidente da Deputación e dos representantes populares dos 21 concellos desta área sanitaria. Martín reuniuse hoxe con Rafael Louzán no Pazo Provincial e ambos destacaron a necesidade de iniciar un diálogo cos responsables da Xunta de Galicia para sacar adiante esta proposta. Para os populares, a ampliación de Montecelo é un ‘parche’ e piden ó goberno galego que ‘non perda o tempo’ con isto. Louzán e Martín lembraron que o proxecto da Consellería de Sanidade conta cun orzamento de 120 millóns de euros, suficiente, para abordar un novo complexo noutro lugar. Ademais, critican que nese proxecto se contemple derrubar parte do construído na última etapa.

    Telmo Martín afirma que sobran terreos para acoller as 20 hectáreas que se precisan para este novo hospital, pero entende que debe ser o goberno local quen faga as propostas. De todos xeitos, indicou que existe unha forma rápida para poñer os terreos a disposición: ‘sería a través dunha modificación puntual do Plan Xeral o que nos levaría ó anos 2009 e calculando un período de execución de tres ou catro anos poñémonos no ano 2012 – 2013’, que é o prazo que baralla a Xunta para ter en marcha a ampliación en Montecelo. O portavoz do PP indicou que nos vindeiros días pretende manter conversas co alcalde e coa tenente de alcalde para buscar a mellor solución. A Deputación, pola súa banda, tamén se porá en contacto coa Xunta para falar do asunto.

    Redacción Salnés