Dende Pedaladas potencian o uso da bici entre os mozos da cidade

Pontevedra>  Dende o concello de Pontevedra presentaron esta mañá o proxecto piloto de ao insti en Bici. Unha iniciativa que ten como fin mellorar a seguridade viaria dos ciclistas e que está destinada a mozos  de entre 13-14 anos. De momento este proxecto, que desenvolven dende Pedaladas, xa se está levando a cabo no instituto Sánchez Cantón e no Frei Martín Sarmiento. 

 

Para moitos mozos circular pola calzada en bici é todo un reto, pois ben, dende Pedaladas teñen como fin eliminar esta barreira coa iniciativa ao Insti en Bici. Un actividade que está destinada a mozos de entre 13-14 anos e que xa se está levando a cabo unha experiencia piloto nos institutos Sánchez Cantón e Frei Martín Sarmiento. 

O obxectivo é poder estender a outros institutos esta iniciativa que se desenvolve en 4 xornadas teórico prácticas. Cunha duración aproximada de catro horas e media en total. Unha actividade que soamente se pode desenvolver nas cidades de velocidade 30 como é Pontevedra. 

Os obxectivos que persegue esta iniciativa é o de mellorar o coñecemento das normas de tráfico no alumnado, fomentar a sostebilidade e o coñecemento do uso da calzada.  Dende Pedaladas agardan poder contar con orzamento por parte do concello para seguir levando a cabo esta actividade nos diferentes institutos de Pontevedra. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/22/pedaladas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/22/pedaladas.mp4{/flowplayer}