CCOO pide un debate aberto con Mosquera

PONTEVEDRA> Os traballadores do Parque de Maquinaria queren un debate público co vicepresidente da Deputación, César Mosquera, para demostrar quen minte e relacionan o nacemento do conflito cos empregados do parque cun suposto resentimento do BNG porque non se realizaron traballos nos seus concellos cando gobernaba o PP. Dende Comisións Obreiras xa anunciaron mobilizacións.

 

Os traballadores do Parque da Maquinaria manifestaranse o vindeiro sábado 11 ao mediodía polas rúas de Pontevedra para pedir unha negociación coa Deputación que resolva o conflito que manteñen na actualidade. Para o secretario comarcal de Comisións Obreiras esta é a única vía que lles queda.

Dende Comisións tamén solicitaron un debate público co vicepresidente da institución provincial ao que tildaron de covarde.

Para os sindicatos o BNG está a pagar cos traballadores o resentimento que teñen de cando a institución era gobernada polo PP e non se traballaba nos seus concellos.

Por outra banda, o voceiro do grupo provincial do BNG, César Mosquera, dirixiu unha carta aberta ao presidente provincial do Partido Popular en Pontevedra na que apelan á súa responsabilidade e autoridade para que actúe freando este tipo de actuacións.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/30/ccoo_parque_maquinaria_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/30/ccoo_parque_maquinaria.mp4{/flowplayer}