O comité de folga culpabiliza a Rueda de levar á xustiza galega a unha situación de “extrema gravidade”

Pontevedra> Este xoves 25 de xaneiro está convocada a folga nos centros de traballo da administración de xustiza de Galicia. Trátase do toque de queda, de non chegar a un acordo nos vindeiros días o día 7 comezarán unha folga indefinida. O comité de folga responsabiliza a Alfonso Rueda de levar á xustiza galega a unha situación de extrema gravidade.

A folga convocada para mañá nos centros de traballo da administración de xustiza afectará a 150 actos procesais na cidade de Pontevedra. O comité de folga responsabiliza ao vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, de levar á xustiza galega a unha situación, que cualifican, de extrema gravidade.

Os traballadores da administración de xustiza piden á Xunta que atenda as súas reivindicación laborais, ao entender que están gravemente discriminados respecto dos demais funcionarios das comunidades autónomas con competencias asumidas.

Mañá ademais está convocada unha manifestación en Santiago, dende Pontevedra se disporá de autobuses para todos aqueles funcionarios que desexen participar na mobilización que rematará no Parlamento galego.