PONTEVEDRA> Cita para os amantes dos animais esta fin de semana en Pontevedra. O Recinto Feiral acolle a primeira edición da Feira Galega da Mascota. Haberá unha vintena de expositores de diferentes sectores relacionados co coidado dos animais. Tamén celebraranse charlas, seminarios e probas de agility.
Con 20.000 cans censados, Pontevedra convértese no escenario perfecto para acoller a primeira Feira Galega da Mascota. Será esta fin de semana no Recinto Feiral, reunindo a máis dunha vintena de expositores de diversos sectores relacionados co coidado dos animais.
Os stands situaranse nun dos espazos nos que estará dividido o Recinto Feiral. Noutra zona celebraranse as charlas e seminarios impartidos por expertos durante toda a fin de semana.
A programación completarase coa celebración dunha proba de agility, a terceira puntuable que acolle a cidade de Pontevedra. Serán o sábado pola tarde e o domingo pola mañá.
Na zona de expositores estarán tamén as asociacións sen ánimo de lucro de Pontevedra e dos arredores que axudan aos animais sen fogar, como Os Palleiros ou Difusión Felina.